En Televiñagrande queremos mostrarvos aos xornalistas que están traballando este curso en 3º de Educación Primaria. E aproveitando que estivemos traballando o corpo humano por fóra e por dentro, decidimos facer unha actividade de REALIDADE AUMENTADA.
Cada alumno tiña que retratar a un compañeiro/a para logo describilo. A descrición deberiana facer en terceira persoa e, logo, pasala á primeira persoa xa que o retratado sería o encargado de lela gravándose nun divertido video.
Nese momento de gravación prodúcense un erros motivados pola dificultade dos nenos e nenas para entender a letra dos seus compañeiros e compañeiras. Pero inda así, foi un traballo moi bonito e moi interesante.

A Realidade Aumentada percíbese cando se pasa da imaxe estática e en dúas dimensións a un video na que a imaxe parece estar en 3D e en movemento.
Un traballo xenial que merece un grande aplauso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario